"arroa" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • Macho cabrío en celo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortar a herba dun arró.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da península do Morrazo, en augas da ría de Vigo, que pecha polo L a enseada de Moaña, na parroquia de Meira, concello de Moaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illote da ría de Vigo, situada ao SL da punta homónima, na parroquia de Meira, concello de Moaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cetáceo de ata 350 cm de lonxitude e entre 100 e 125 kg de peso, de cor cinsenta escura no lombo e abrancazada no ventre, semellante ao golfiño común pero co bico curto, ancho e dilatado, a mandíbula inferior máis longa ca a superior, e a aleta dorsal situada na parte central do lombo, grande, curvada e sen punta. Aliméntase de peixes bentónicos e adáptase á catividade. Vive en mandas pouco numerosas, de ata 12 animais ou ás veces varias ducias, preto das costas e desembocaduras dos ríos nas augas litorais de toda a Península Ibérica. En Galicia teñen preferencia pola costa sur e son frecuentes os varamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio histórico vasco (Baixa Navarra) da vertente setentrional dos Pireneos (1.336 km2). Actualmente, xunto cos territorios de Lapurdi, Zuberoa e o país de Bearn, forma o departamento francés dos Pireneos Atlánticos. É unha rexión agrícola e gandeira, con prados e bosques. A causa da falta de industria, hai unha forte corrente migratoria cara a Bordeos e París. Divídese en tres cantóns: Iholdi, Donibane Garazi (Saint-Jean-Pied-de-Port) e Baigorri. A capital é Donibane Garazi. A lingua do país é o éuscaro, actualmente en regresión. Formou parte do Reino de Navarra, do que constituía a sexta merindade, nomeada Ultraportos. Fernando o Católico conquistou o Reino (1512); máis adiante (1530), a Be-Nafarroa foi abandonada de feito aos Albret, situación recoñecida en 1659 no Tratado dos Pireneos. A Be-Nafarroa conseguiu conservar a súa condición de “país de estados” ata a Revolución Francesa (1789).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comunidade Autónoma uniprovincial, situada ao NL da Península Ibérica (10 421 km2; 520 574 h [1996]). A capital é Iruña.
    Xeografía física
    Estivo dividida tradicionalmente en Ribera (do Ebro), Nafarroa Media, a zona intermedia, e Montaña (Pireneos). Fisiograficamente, Ribera (do Ebro) é o ángulo noroeste da depresión do Ebro, de 200 a 450 m de altitude, e está formada de materiais terciarios sedimentarios, pregados horizontalmente, e materiais cuaternarios ao longo dos ríos Ebro e os seus afluentes Ega e Aragón, co Arga pola esquerda e o Alhama pola dereita. Distínguese ao O unha Ribera Riojana, estreita e bioclimaticamente matizada, e ao SL unha Ribera Tudelana, seca e cálida, a partir do val do Aragón. A Nafarroa Media, entre 380 e 600 m de altitude, presenta un relevo xurásico que está formado de margas e greses, destacados no SO (Montejurra), ata a conca do Ega, e é relativamente chuviosa e con bosque, en contraste coa conca mediana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Bizkaia, Euskadi, regado polo río Artibai, onde desemboca (9.732 h [2001]). Destacan a pesca, a industria conserveira e a metalúrxica. É un centro de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO