"biní" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 20.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, urbanista e dese-ñador italiano. Realizou, entre outros, os almacéns Rinascente en Roma (1958-1961). No campo do deseño, especializouse no moble. Entre as súas obras máis tardías, destaca o Museo Civico del Chiostro degli Eremitani en Padua (1969-1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia total ou parcial de pigmento nun organismo. Nos animais maniféstase na despigmentación da pel, nos ollos e nos pelos e é ocasionado polo bloqueo da síntese de melanina, determinado por un xen recesivo. Nos vexetais prodúcese por falta de clorofila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua africana da familia níxer-congo central meridional e do grupo Edo. Fálana en Nixeria 300.000 persoas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena gaita popular na Bretaña, que ten un tubo de sete buracos para a melodía e outro de ton fixo para o acompañamento.
-
ESPA¥A
Concello das Illes Balears, no N da illa de Mallorca, na zona de contacto entre a chaira central e os contrafortes da serra da Tramuntana (4.885 h [1996]). Ten importantes extensións de cultivos de secaño (amendoeiras, cerais, viña e oliveiras), canteiras de calizas e industria vitivinícola. Foi fundada no ano 1300 por Xaime II de Mallorca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, violinista italiano. Formou o Quartetto Toscano (1765) con Manfredi, Nardini e Boccherini. En 1770 trasladouse a París, e logo orientouse cara ao ballet e á ópera cómica. Dirixiu a orquestra dos teatros Beaujolais (1788-1791) e Louvois (1791-1794), onde estreou as obras Les deux frères (Os dous irmáns, 1788) e Adèle et Erwin (1789). Compuxo, ademais, numerosas pezas instrumentais, sobre todo para corda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Realizou estudios musicais con Sarti en Milán e Boloña (1778-1780). En 1786 instalouse en París, onde foi director de ópera italiana entre 1789 e 1790, e director do Institut National de Musique. Converteu a opéra comique, case reducida ao anecdótico, en instrumento para a descrición de caracteres. Da súa produción, caracterizada polo dominio do contrapunto e pola sonoridade orquestral, destacan as óperas Lodoïska (1791), Médée (1797) e Faniska (1806). Compuxo ademais a peza vogal Réquiem en do menor (1816), misas, cantatas e obras para cámara. Escribiu Cours de contrepoint et de fugue (Curso de contrapunto e fuga, 1835).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político romano. Tribuno da plebe (67 a C), propuxo a lei que lle outorgou a Pompeio o poder absoluto sobre as costas durante a guerra contra os piratas. Pretor (61 a C) e cónsul (58 a C), apoiou a condena de Cicerón ao exilio. Gobernador de Siria (57 a C), interveu militarmente en Exipto sen o consentimento do Senado para restablecer a Ptolomeo Auletes no trono, pero durante a súa ausencia producíronse desordes e unha sublevación en Siria que non puido sufocar ata o 54 a C. De volta a Roma foi acusado e condenado ao exilio. Achegouse a César durante a guerra civil. Morreu nunha expedición contra os dálmatas.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de África Ecuatorial, que nace en Gabón, entra en Guinea Ecuatorial e desemboca no Océano Atlántico, nun amplo estuario, despois dun recorrido de 270 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor italiano. É autor de narracións (I nostri simili, 1932) e de novelas (La rosa rossa, 1937; Le trincee, 1942; L’onda dell’incrociatore, 1947; Amor militare, 1955; Il cavallo Tripoli, 1956; La calda vita, 1958; e I giochi di Norma, 1964). Postumamente publicouse a compilación poética A sole e al vento (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos querubíns.
-
-
Relativo ou pertencente aos rabinos ou ao rabinismo.
-
Aplícase á escritura de forma semicursiva do alfabeto hebraico derivada da cadrada, usada en libros de importancia menor e en comentarios marxinais de textos principais.
-
Conxunto de obras da literatura hebrea, escritas en hebreo e en arameo, que recollen as opinións dos rabinos sobre cuestións legais (halakà), ou ben coleccións de ensinanzas ou tradicións atribuídas a rabinos notables (haggadà).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que ensinan os rabinos. A súa orixe débese a un conxunto de actividades intelectuais e relixiosas iniciadas no xudaísmo tras a destrución do Segundo Templo de Xerusalén no ano 70 e que constituíron unha base de organización do xudaísmo. Inicialmente as escolas de Babilonia e Palestina constituíron a súa vangarda (elaboración do Talmud), ata que a supremacía cultural pasou á Península Ibérica (s XI) e Occitania. A partir de 1492 os seus principais focos radicaron en Europa Central.
-
-
Partidario do rabinismo.
-
Estudoso da cultura rabínica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore caducifolia, robusta, de ata 25 m de altura, de copa ancha e tronco curto, follas alternas, pecioladas, imparipinnadas, con folíolos ovais e enteiros, estípulas transformadas en espiñas, flores hermafroditas de cor branca, olorosas, agrupadas en acios auxiliares, e froito en legume aplastada. Florece entre abril e xuño. É orixinaria de EE UU. En Galicia é frecuente en parques e xardíns. OBS: Denomínase tamén falsa mimosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das fabáceas, ao que pertence a robinia.
-
-
Relativo ou pertencente aos sabinianos.
-
Membro dunha escola de xurisprudencia romana fundada por Caio Casio Lonxino, condiscípulo de Masurio Sabino, de quen tomou o nome. Opostos á escola dos proculeianos, tiveron un talante máis conservador e representaban o ius gentium (normas das relacións cos estranxeiros ou entre estes e os cidadáns). A súa existencia e as súas controversias duraron ata os tempos de Marco Aurelio.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos turbínidos.
-
Gasterópodo da familia dos turbínidos.
-
Familia de moluscos, da clase dos gasterópodos, cun fociño con dous tentáculos, tres apéndices filiformes no pé e unha cuncha de cores nacaradas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría política dos xacobinos. Foi a tendencia política radical e extremista da burguesía, que se caracterizaba pola súa defensa acérrima da democracia formal. Tivo como consecuencias o antimilitarismo social e o individualismo fronte aos abusos de poder estatal.