rabínico -ca
rabínico -ca
(< rabí)
-
adx
Relativo ou pertencente aos rabinos ou ao rabinismo.
-
adx
[LING]
Aplícase á escritura de forma semicursiva do alfabeto hebraico derivada da cadrada, usada en libros de importancia menor e en comentarios marxinais de textos principais.
-
literatura rabínica
[LIT]
Conxunto de obras da literatura hebrea, escritas en hebreo e en arameo, que recollen as opinións dos rabinos sobre cuestións legais (halakà), ou ben coleccións de ensinanzas ou tradicións atribuídas a rabinos notables (haggadà).