rabilongo -ga
rabilongo -ga
(< rabo + longo)
-
adx
[ZOOL]
Aplícase ao animal que ten o rabo longo.
-
s
m
[ANIMAL]
algaria.
-
rabilongo das canaveiras
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de aproximadamente 17 cm, con dimorfismo sexual, co macho coa plumaxe dorsal leonada e a ventral abrancazada, ás brancas, pardas e negras, cabeza cinsenta, cunha mancha negra en forma de bigote ao lado do peteiro amarelo, e patas negras, mentres que a femia non ten a mancha ao lado do peteiro e a cabeza é parda. Vive en lagoas e pantanos, entre a vexetación alta, alimentándose de insectos e larvas. De distribución irregular en Europa, en Galicia a súa presenza é moi accidental.