rabinismo

rabinismo

(

s m [RELIX]

Doutrina que ensinan os rabinos. A súa orixe débese a un conxunto de actividades intelectuais e relixiosas iniciadas no xudaísmo tras a destrución do Segundo Templo de Xerusalén no ano 70 e que constituíron unha base de organización do xudaísmo. Inicialmente as escolas de Babilonia e Palestina constituíron a súa vangarda (elaboración do Talmud), ata que a supremacía cultural pasou á Península Ibérica (s XI) e Occitania. A partir de 1492 os seus principais focos radicaron en Europa Central.

Palabras veciñas

rabilongo -ga | Rabin, Yitzhak | rabínico -ca | rabinismo | rabinista | rabino | rabiño