"imes" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Las Palmas, Canarias, no SL da illa de Gran Canaria (18.284 h [1996]). Ten gandería caprina (queixo), bananas e pesca de baixura. Destaca a praia de Arinaga como centro turísico do concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e xornalista. Licenciouse en Medicina en 1901. Xa na súa etapa de estudante foi cofundador do Boletín de Medicina y Cirugía. Posteriormente traballou de médico en Tui, onde ocupou numerosos postos de responsabilidade. Foi Presidente de moitas sociedades culturais, deportivas e recreativas, promotor e fundador do Orfeón da Sociedade Artística, impulsor dos Xogos Florais de 1926, Presidente da Sociedade Venatoria, entre outros cargos. Como orador e conferenciante interveu en múltiples foros e como xornalista colaborou nos tudenses La Integridad, La Correspondencia Gallega, El Vencejo e nas revistas madrileñas Caza y pesca e España Cinegética. Fundou en Tui o semanario La Opinión dende onde combateu o caciquismo, a opresión a as inxustizas, o que lle causou algúns problemas. Durante a Segunda República militou nas filas republicanas. Morreu fusilado na madrugada do 30 de outubro de 1936 tras un xuízo celebrado en Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidade Compostelá e exerceu de avogado en Pontevedra. Os primeiros anos da súa vida transcorren en Pontevedra, onde cursou o Bacharelato e participou na fundación da sociedade Los Amigos del Progreso, na que comezou a súa faceta de creador literario. Para atender á súa vocación de ensinante, estudiou deseguido para Mestre Normal e Inspector de Ensino Primario, ao que se dedicará xa de xeito definitivo. Profesor de Dereito e Lexislación Escolar en Lugo, membro correspondente da Real Academia Galega, membro da sección de Historia do Seminario de Estudos Gallegos, cofundador e Vicedirector do Museo de Pontevedra. Colaborou tamén en diversos xornais e revistas, foi orador e conferenciante, poeta e home de fonda relixiosidade. Entre as súas actividades literarias hai que destacar a súa participación, xunto a Labarta Pose, na revista Extracto de Literatura. Máis adiante fundou Galicia Moderna e, en Ourense, Mi Tierra....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten lugar cada dous meses.

    2. Que dura dous meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dura ou se repite cada dous meses.

    2. Período de tempo que abrangue dous meses.

    3. Cantidade que se cobra ou que se paga cada dous meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica hispano-suíza realizada en 1965. Foi dirixida por Orson Welles e interpretada por Keith Baxter, John Gielgud, Jeanne Moreau, Margaret Rutherford, Fernando Rey e o propio director. Trátase da historia do príncipe Hal, que se move en dous ambientes moi distintos: a corte e unha taberna. Na taberna sir John Falstaff amósalle a cara máis divertida da vida, en oposición á corte. Despois da morte de Falstaff, Hal convértese no Rei Enrique IV. Orson Welles adaptou distintos fragmentos de obras de Shakespeare para esta película.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que dura un cuadrimestre.

    2. Que ten lugar unha vez cada catro meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período de catro meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de ensimesmarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abstraerse do mundo exterior concentrándose moito nalgún pensamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario inglés fundado en 1888 en Londres, especializado en información política, económica e financeira. Ademais de analizar as principais economías mundiais e os negocios das grandes compañías, inclúe información sobre os mercados bursátiles máis importantes do mundo, cunha especial atención a Wall Street (Nova York) e Londres. Nos seus diferentes apartados, “Themes & Topics”, “News & Comment” e “Comment & Respond” engade reportaxes e comentarios sobre política internacional, lexislación e empresas, deporte, cultura e comentarios dos propios lectores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, conde de Glimes de Brabante e do Sacro Imperio. Durante a Guerra de Sucesión serviu a Filipe V e loitou en Xibraltar (1704-1705), Almansa e Tortosa (1711), onde acadou o grao de tenente xeneral e foi gobernador (1715). Capitán xeneral de Castela a Vella (1727) e de Catalunya (1735-1737 e 1738-1742), no 1746 concedéronlle o título de Grande de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Impresionado por un atraco, comezou a escribir literatura de protesta contra o racismo. En París (1954) escribiu narracións policiais ambientadas en guetos negros e creou os detectives negros Coffin Ed Johnson e Grave Digger Jones. Destaca a súa autobiografía The Primitive (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou telleiros, que corresponde á voz ‘meu’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta boliviano. Máxima figura do modernismo no seu país e amigo de Rubén Darío e Lugones, iniciou un proceso de auténtica renovación poética con Castalia bárbara (1897), verdadeiro laboratorio de experimentación rítmica, e Los sueños son vida (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Realizou unha obra pictórica na que reflectiu seres alucinados, circos e paisaxes infernais. Traballou con betume, purpurinas e óleos en que predominan negros, azuis e brancos, e representou o mundo do absurdo, do grotesco e do funambulesco. Da súa produción destacan Sinfonía incompleta, Payaso e Sinfonía en amarillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema defensivo de fronteira ou raia fortificada en áreas periféricas do Imperio Romano. Inicialmente o termo designaba as fronteiras do imperio, limes imperii, e os dispositivos militares que se establecían nela. Posteriormente, cando as fronteiras acadaron unha certa estabilidade, constituíuse nunha liña continua fortificada paralela á fronteira ou baseada en enclaves estratexicamente dispostos. A construción deste tipo de elementos defensivos iniciouse no s I e acadou o seu maior desenvolvemento no s II co Emperador Adriano, que fortificou as fronteiras en Panonia, Illas Británicas e África, e durante a dinastía dos Severos. Integraba cidades amuralladas e campamentos xunto con pequenos recintos fortificados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado en EE UU en 1881 por Nathan Cole e Thomas Gardiner. Ao ano seguinte, o coronel Harrison Gray Otis converteuse en socio desta publicación e da Weekly Mirror, e fusionounas para crear o grupo Times-Mirror Company (1884). A partir da década de 1960, a publicación comezou a súa expansión e pasou a ser unha das máis relevantes do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Imitación que se fai dunha persoa, empregando os mesmos termos e xestos, xeralmente en ton de burla.

      2. Imitación inconsciente mediante a que se adopta o comportamento, a linguaxe e as ideas do medio en que se envolve.

    1. mimetismo.

    2. Relación que o mundo sensible mantén co mundo das ideas, segundo as teses de Platón. A doutrina da mimese perviviu sobre todo na teoría da imitación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Muíños, situado na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO