"nito" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 107.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome común de calquera dos sales dobres que se denominan metaarsenito-acetato na nomenclatura sistemática, é dicir, que conteñen os anións AsO2- e CH3 COO. O máis importante é o acetoarsenito de cobre.
-
-
Nome que reciben as plantas do xénero Aconitum. Son especies de alta montaña, herbáceas e vivaces, de flores cigomorfas, de cor azul, branca ou amarela, reunidas en inflorescencias vistosas. A máis representativa é A. napellus, que contén unha serie de alcaloides tóxicos entre os que está a aconitina. En Galicia atópase a especie A. vulparia en lugares húmidos de montañas.
-
Extracto alcólico do tubérculo e das follas do acónito (A. napellus). O seu principio activo é un grupo de alcaloides tóxicos, o máis importante é a aconitina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que só é visible durante a noite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amoestador que tenta corrixir a mala conduta ou accións dunha persoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que implica admonición, que advirte ou amoesta ante unha falta ou erro.
-
PERSOEIRO
Pintor castelán, discípulo de J. M. del Mazo. Pintou cadros de tema relixioso para os pazos do Buen Retiro e de Aranjuez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Foi redactor de El emancipador Gallego (1840), publicación que defendía a liberdade de ensino. Ademais foi alcalde de Santiago de 1865 a 1867. Publicou Curso de Economía política (1840) e unha serie de artigos titulados, “Sobre foros y censos de Galicia”, publicados en El Correo de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista e eclesiástico. Participou no Concilio de Trento como teólogo e foi o encargado de coidar a edición da Biblia políglota de Anveres ou Rexia (1569-1573), reedición con novos textos e estudios da Complutense. Autor de Historia Natural (1601).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal do ácido arsenioso. Coñécense deste os sales mono-, di- ou trimetálicos. O arsenito cúprico emprégase como pigmento co nome de verde de Scheele; o arsenito de cobre forma, co acetato do mesmo metal, o verde de Schweinfurt, empregado en pulverización como insecticida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasmado de estupor, que non pode reaccionar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Editorial fundada en Pontevedra por Celso Emilio Ferreiro, director literario, Sabino Torres, director de edicións, Emilio Negreira, Rafael Alonso, como ilustrador, e Manuel Cuña Novás a finais de 1948. Dedicouse enteiramente á edición de poemarios, que saían do prelo na imprenta Gráficas Torres, que tiña establecida en Pontevedra o pai de Sabino Torres. Trátase da primeira empresa editora que publicou algúns libros en lingua galega trala Guerra Civil. Malia isto, o seu primeiro volume titulado Madrigal, obra de Emilio Negreira, saíu do prelo en castelán en 1949. Outros títulos publicados en castelán foron Como el río (1949), de Sabino Torres, Gárgolas (1950), de Tomás Barros e El dios de los precipicios (1925) de José Ruibal Argibay. Entre os publicados en galego destacan: Poemas de ti e de min (1949), de Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, Dona do corpo delgado (1950), de Álvaro Cunqueiro, Anxo de terra (1950), de Carballo...
-
PERSOEIRO
Xurista e catedrático das universidades de Salamanca (1877), València (1891), Barcelona (1899) e Madrid (1917). Foi un dos iniciadores da moderna escola española de Dereito Mercantil. As súas obras máis importantes son: Bases del derecho mercantil (1903) e Manual del derecho mercantil (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Río Mbini.
-
-
Forma castelanizada correspondente ao prenome ou apelido galego Bieito.
-
Liñaxe orixinaria dos arredores de Oviedo ou de Ponferrada. Unha rama pasou a Monforte de Lemos. Estendeuse por Burgos, La Rioja, Palencia, Castela e outras moitas comunidades españolas. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople e un león de goles empinado ao tronco. A rama galega trae escudo partido: primeira partición, en campo de ouro e segunda partición, en campo de sable; sobre todo, unha aguia voante, metade de sable, en campo de ouro, e metade de ouro, en campo de sable; bordo de oito bandas, axadrezadas de ouro e sable, sobre campo de prata.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de titanio e bario, de fórmula BaTi(SiO3)3, do grupo dos sorosilicatos. Cristaliza no sistema hexagonal, en cristais de fractura concoidal dunha cor azul clara. Ten dureza 6-6,5 e peso específico 3,65. Emprégase en xoiería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo bioindicador que permite unha análise cuantitativa das condicións do medio.
-
-
Peixe de corpo fusiforme de ata 85 cm de lonxitude, co dorso de cor azul escura con bandas oblicuas, que diminúe en intensidade nos lados, e coa parte ventral branca. Presenta a liña lateral claramente ondulada, o pedúnculo caudal estreito e de 7 a 10 entre a segunda aleta dorsal e a caudal, e tamén entre esta e a aleta anal. Viven preferentemente nas costas tropicais e temperadas do Atlántico e no Mediterráneo, en fondos de 200-250 m, onde se alimenta de grandes crustáceos, larvas e crías de clupeidos. A súa carne é moi saborosa e máis branca ca a do atún. Prepárase do mesmo xeito ca este: á grella, con tomate, en escabeche, encebolado e ao forno. No País Vasco é ingrediente principal dalgúns dos pratos máis representativos da súa cociña: o marmitako (guiso de bonito con patacas, allos, cebola, pementón e chile) e a ventresca (bonito cocido aderezado con aceite de oliva).
-
atún branco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que agrada aos sentidos ou intelectualmente debido á harmonía ou á perfección estética que presenta.
-
PERSOEIRO
Crítico e historiador de arte italiano. Licenciado en Dereito e Filosofía. Formou parte do Grupo 63, coñecido como teórico da chamada transvangarda italiana. Publicou numerosas obras, entre as que destacan O territorio máxico (1971), Superarte (1982), The international trans-avantgarde (A transvangarda internacional, 1982), A arte contra o 2000 (1992) e Ben Jakober-Yannink Un (1996). Foi comisario da Bienal de Venecia de 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Cursou estudios de filosofía e letras e de xornalismo en Madrid, á vez que traballou nalgúns medios de comunicación. Coñecido como Tucho Calvo, comezou no mundo da prensa en El Correo Gallego; posteriormente colaborou en La Región, Arriba, Opinión, Ciudadano, Radio Francia Internacional e El País, amais de dirixir, a mediados dos anos 80, o xornal La Crónica de León. Vinculado a La Voz de Galicia dende 1976, exerceu o labor de redactor e de xefe de opinión. Dirixiu a edición Murguía e La Voz de Galicia (2000) e publicou O legado xornalístico de Valentín Paz-Andrade (1977), Froito das lembranzas (1981, Premio Galicia 1980), PAE-Século XXI. No comenzo dunha nova historia da humanidade (1982), o libro de contos Astra o confín (1983), El laberinto de Krochne (1988), Valentín Paz-Andrade, a memoria do século (1998), Luz de abrente (1999), O xabaril...
VER O DETALLE DO TERMO