"oreto" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • Colección de árbores vivas de numerosas especies, destinada a fins fundamentalmente científicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Profesora na Facultade de Belas Artes de Bilbao entre 1989 e 1992, imparte clases de Pintura na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. A súa obra nace dun proceso intuitivo, onde as sensacións dirixen a acción, acadando un acto creativo como experiencia de carácter máxico, traspasando a liña do cotián. Dende 1993 desenvolve traballos relacionados coa natureza e coas enerxías telúricas que dela se desprenden. Entre as súas obras destaca: Asexo proposto. Asexos para provocar encontros (1993-1994) e Asexo á curiosidade (1994). Realizou diversas exposicións tanto fóra como dentro de Galicia, especialmente no País Vasco e en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico, novelista e dramaturgo. Coñecido como Lord Dunsany, foi famoso polas súas propostas fantásticas e oníricas, entre as que destacan The Glittering Gate (A porta relucente, 1909), King Argimenes (O Rei Arxímenes, 1911) ou If (Se, 1921). En 1937 publicou o libro de memorias My Ireland, no que lembra a súa relación co Abbey Theatre e a súa visión particular da nación irlandesa. En 1980 a revista Grial, no número 67, publicou a peza A sentenza dourada, en versión galega de Álvaro Cunqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid e exerceu como arquitecto e xefe da sección de arquitectura da Deputación de Ourense. Das súas obras destacan a granxa-escola da Deputación de Ourense e os traballos de rehabilitación e restauración do Teatro Principal de Ourense, da Casa da Xuventude da Rúa de Petín, do mosteiro de San Pedro de Rochas e a restauración do claustro novo do mosteiro de San Salvador de Celanova, que recibiu a medalla Europa Nostra en 1983. Colaborou na revista Obradoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e empresario. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1989 participa na fundación de Viñedos do Rosal S A e Adegas das Eiras S A, fusionadas posteriormente en Bodegas Terras Gauda S A, empresa que preside xunto con Viñedos e Bodegas Pittacum S L. Foi presidente da Fundación Galicia-Empresa (1996-1998) e membro do consello de administración da Editorial Galaxia, da Irmandade dos Viños Galegos e do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño. Foi galardoado co premio San Martiño (1995) e Centro Galego de Barcelona (2001). Pertence ao consello rexedor da Fundación Carlos Casares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada na provincia de Ancona, Marcas, Italia (10.303 h [1991]). Situada sobre un outeiro que domina o Adriático, é un centro de peregrinaxe mariana moi importante. A difusión da lenda de que en 1294 foi transportada a este outeiro a casa onde a Virxe recibiu o anuncio do arcanxo, deu pé á construción dunha igrexa onde se acumularon valiosas pinturas e esculturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Perú (368.852 km2; 839.748 h [estim 1998]). A súa capital é Iquitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que procede do topónimo italiano Loreto, derivado do latín Lauretum ‘lugar en que abundan os loureiros’, e este do substantivo laurus ‘loureiro’. Comparte a mesma etimoloxía ca os topónimos galegos Louredo e Lourido. Segundo unha tradición do s XV, a vila italiana de Loreto -preto do Adriático- custodia a casa de Nazaret onde vivira a Sagrada Familia. É patroa da arma de aviación e a súa festividade celébrase o 10 de decembro. A Virxe de Loreto é patroa do concello do Porto do Son, onde se celebra o 9 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Autor próximo a Calderón, reelaborou obras doutros cun estilo refinado e elegante, propio dos creadores rococós do s XVIII. Publicou comedias relixiosas e históricas e algunha das súas mellores obras foi imitada por italianos e franceses. Da súa produción destacan El desdén por el desdén (1654), El lindo Don Diego (1654), El valiente justiciero, El parecido en la corte e os entremeses La reliquia, El hijo del vecino e Los galanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía do L de Australia, situada no estado de Queensland. É   pouco profunda, sementada de illotes areosos e resgardada do océano polas illas Stradbroke e Moreton, que dan entrada ao porto da capital do estado, Brisbane.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘caldo e viño’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e bispo de Ciro. Amigo de Nestorio, foi voceiro do grupo de Antioquía contra os partidarios de Cirilo de Alexandría e representaba a corrente moderada. Deposto no latrocinio de Éfeso (449), foi reintegrado por León I e admitido polo Concilio de Calcedonia (451) entre os doutores ortodoxos. Unha parte dos seus escritos foron condenados polo Concilio de Constantinopla (553).

    VER O DETALLE DO TERMO