citania

citania

(

s f

Denominación utilizada polos arqueólogos, como Francisco Martins Sarmento, Mario Cardozo, Florentino López Cuevillas e Fermín Bouza Brey, de finais do s XIX e comezos do XX para designar os castros de grandes dimensións, fortificados cun ou varios muros, con edificacións de carácter habitacional e cunha pervivencia no tempo prolongada (Briteiros, San Cibrán de Lás, Sanfíns ou Santa Tegra). Debido a que investigacións posteriores demostraron que todos os castros presentan vivendas, o termo quedou obsoleto nos anos oitenta do s XX.

Confrontacións

castro

Palabras veciñas

citación | 1 citado -da | 2 citado -da | citania | citar | cítara | Cítara, La