cítara

cítara

(< lat cithăra < grκιϴάρα)

s f [MÚS]

Instrumento cordófono no que o son se produce punteando cos dedos ou cun plectro as cordas que están tensadas entre os dous extremos da caixa de resonancia, provista de dous brazos unidos por un traveseiro, que mantén estiradas e verticais as cordas que vibran no aire. O número das cordas varía segundo a época: cinco (no s VIII a C), sete no (s VII a C), once (no s V a C) e, finalmente, quince. Utilízase como acompañamento do canto e para as execucións puramente instrumentais dos virtuosos. O tipo moderno, utilizado sobre todo en Europa central (Tirol), consta dunha caixa de resonancia plana xeralmente trapezoidal duns 60 cm de longo por 25 de ancho.

Palabras veciñas

2 citado -da | citania | citar | cítara | Cítara, La | citarabina | citarista