clara

clara

(< claro)

  1. s f

    Solución coloidal, albuminosa e transparente, que rodea a xema do ovo. Sepárase da xema para determinadas preparacións culinarias; a máis característica é batela ata convertela nunha escuma (claras a punto de neve) que ornamenta algúns postres fríos, como a crema.

    Ex: O lobo do conto tomou claras de ovo para dulcificar a súa voz e enganar así a Carapuchiña Vermella.

    Sinónimos: albume.
  2. s f [ALIM]

    Bebida refrescante que se elabora mesturando gasosa e cervexa. Tamén se denomina demi panaché. Unha variante é a clara de limón, na que se mestura cervexa e limoada.

    Confrontacións: cervexa.
  3. s f [PINT]

    Material que se emprega como aglutinante na pintura ao temple, na doración con po de ouro e na iluminación de manuscritos. Tamén se utiliza como adhesivo na fixación dos pans de ouro.

  4. s f

    Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘mañá (antes do mediodía)’ e ‘semana’.