Claroscuro

Claroscuro
[PUBLIC]

Revista semanal ilustrada que comezou a editarse na Coruña en agosto de 1900 e que cesou no cuarto número. Informaba sobre o que acontecía na comarca a través das seccións “Alcance Semanal” ou “Nota final”, esta última con datos bibliográficos. Tamén contou cos apartados “Notitas”, “Menudencias” ou “Estafeta de Claroscuro”. Publicou a historieta gráfica de humor “Cuento Andaluz”. Incluíu abundantes fotografías e retratos.

Palabras veciñas

Claro, Don | Claro/Clara | clarón | Claroscuro | claroscuro -ra | clase | clasema