claroscuro -ra

claroscuro -ra

(< claro + escuro)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao contraste de luz e sombra nunha obra pitórica. Ex: Nas clases de pintura xa comezamos a facer deseños claroscuros.

    Ex: Nas clases de pintura xa comezamos a facer deseños claroscuros.

  2. s m [ARTE]
    1. Estilo pictórico baseado na perspectiva espacial obtida co xogo de luz e sombra. É, sobre todo, unha concepción óptica que suxire o relevo. O termo empregouno por primeira vez o teórico francés Roger de Piles (1635-1709) na tradución ampliada do libro A arte da pintura de Du Fresnoy. Achegou unha nova pespectiva e un aspecto intelectual e moral seguido polas escolas tenebristas da Contrarreforma. Partindo do sfumato do s XVI, deuse no manierismo e acadou a súa plenitude nos ss XVII e XVIII.

    2. Distribución das luces e das sombras nun debuxo ou nunha pintura mediante a utilización de varios tons dunha mesma cor sobre un fondo de cor diferente ou destacando as figuras iluminadas sobre un fondo escuro.

    3. Obra realizada segundo esta técnica.

Palabras veciñas

Claro/Clara | clarón | Claroscuro | claroscuro -ra | clase | clasema | clasicismo