Claustra Nova, mestre da

Claustra Nova, mestre da

Nome co que se coñece ao pintor que realizou os murais da Claustra Nova na catedral de Ourense (1530?). A súa obra caracterízase polo detallismo e polo gusto na decoración das escenas. Tamén se lle atribúen as pinturas de Santa María de Melide, Santa Baia de Losón (Lalín) e Santa María de Camporramiro (Chantada).