clinozoisita

clinozoisita

(< clino- + zoisita)

s f [MINERAL]

Silicato de aluminio e calcio, de fórmula Ca2Al3Si3O12 (OH). Pertence ao grupo do epidoto. Cristaliza no sistema monoclínico. Os cristais son alongados e tamén se presentan en masas, fibras ou gránulos, de cor verdosa. A clinozoisita e o epidoto son, en realidade, unha única especie que se diferenza no contido de ferro que substitúe o aluminio; son frecuentes en rochas metamórficas. Ten dureza 6,5 e peso específico 3,21 - 3,38.