clown*
clown*
s
m
[ESPECT]
Personaxe prototípico do teatro, normalmente asociado á comedia, á farsa, ao grotesco ou ao burlesco, e que ten as súas raíces nos mimos gregos que prescindían da palabra para presentar escenas breves de carácter cómico ou satírico e nos personaxes máis populares da commedia dell’arte. Esta figura popularizouse dentro do circo; no ámbito teatral destaca Dario Fo, quen fai da sátira, da parodia e da crítica social os eixes do seu traballo como dramaturgo e actor. En Galicia cómpre salientar o traballo realizado pola compañía Ollomoltranvía, que desenvolveu unha liña de investigación e creación baseadas nesa estética en espectáculos, como Ñiqui-Ñaque (2000), interpretado por Santiago Prego e Avelino González, con dirección de Cándido Pazó.