cociente
(< lat quotĭente ‘tantasveces’)
-
[MAT]
-
s
m
Número que resulta da división dun número (dividendo) por outro (divisor); así, o cociente de 24 por 8 é 3. Polo xeral, o dividendo é igual ao produto polo divisor máis o residuo ou resta.
-
conxunto cociente
Establecida unha relación de equivalencia R nun conxunto C, conxunto C/R das clases obtidas pola relación antedita R; isto é, que cada clase está formada por todos os elementos de C relacionados entre eles.
-
s
m
-
cociente asimilatorio
[FISIOL]
Relación que se pode establecer entre a cantidade de substancias nutritivas consumidas por un organismo e a masa que incorpora como resultado da asimilación. Para representar a eficiencia no fluxo de enerxía total nos niveis heterotróficos, adóitase calcular o cociente asimilatorio en unidades de enerxía.
-
cociente intelectual
[PSIC]
Cifra que representa a intelixencia e que se obtén mediante a división entre a idade mental dun individuo (conseguida por medio de determinados tests de intelixencia) e a súa idade cronolóxica, multiplicada por cen. W. L. Stern introduciu o concepto en 1912 e L. Terman adaptouno á revisión da escala de Binet-Simon. Aplicado aos adultos, Wechsler definiu o concepto como a proporción entre a intelixencia e o nivel medio correspondente á súa idade e ao seu grupo social. Esta relación ten unha extensa gama de valores: considérase 100 o punto medio, por debaixo de 70 como de deficiencia intelectual, e unha intelixencia superior por riba de 130. Ten un valor relativo xa que os patróns utilizados son moi variables.
-
cociente metabólico
[FISIOL]
Índice do nivel xeral da actividade metabólica dun organismo, determinado pola medida do consumo de osíxeno, indicativo dos procesos catabólicos de oxidación que se levan a cabo. Cando se mide en condicións de repouso físico e mental, e de 12 a 18 horas despois da última comida, chámase cociente de metabolismo basal.
-
cociente respiratorio
[FISIOL]
Relación do volume de dióxido de carbono producido co de osíxeno gastado na respiración nun mesmo tempo. Esta relación depende directamente dos principios inmediatos que se oxidan, xa que estes, ao teren diferentes proporcións de carbono e de hidróxeno, precisan diferentes cantidades de osíxeno para oxidar un volume determinado.
-
cociente sexual
[DEMOG]
Número de individuos que, por cada cen de sexo feminino, son concibidos (cociente sexual primario), nacen (cociente sexual secundario) ou acadan a idade adulta (cociente sexual terciario).