catártico -ca

catártico -ca

(< gr καϴαρτικός)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á catarse.

  2. adx e s m [MED]

    Que limpa o intestino provocando a súa evacuación.

    Sinónimos: laxante, purgante.
  3. método catártico [PSIC]

    Método ideado por Breuer e Freud para a investigación e o tratamento dos síntomas histéricos que busca basicamente a lembranza e a reviviscencia das situacións traumáticas reprimidas e arredadas da consciencia, aínda que activas no desencadeamento e perpetuación dos síntomas. Trata de animar ao enfermo hipnotizado a lembrar aquelas situacións previas á aparición dos seus trastornos. Posteriormente, Freud considerou a hipnose innecesaria e mesmo inconveniente, e o método catártico converteuse nunha prefiguración da técnica psicanalítica.

Palabras veciñas

catarroso -sa | catarse | Catarsis | catártico -ca | catártido -da | catasol | Catasol