catártico -ca
catártico -ca
(< gr καϴαρτικός)
-
adx
Relativo ou pertencente á catarse.
-
adx e s
m
[MED]
Que limpa o intestino provocando a súa evacuación.
Sinónimos: laxante, purgante. -
método catártico
[PSIC]
Método ideado por Breuer e Freud para a investigación e o tratamento dos síntomas histéricos que busca basicamente a lembranza e a reviviscencia das situacións traumáticas reprimidas e arredadas da consciencia, aínda que activas no desencadeamento e perpetuación dos síntomas. Trata de animar ao enfermo hipnotizado a lembrar aquelas situacións previas á aparición dos seus trastornos. Posteriormente, Freud considerou a hipnose innecesaria e mesmo inconveniente, e o método catártico converteuse nunha prefiguración da técnica psicanalítica.