Club Baloncesto Bosco
Club Baloncesto Bosco
Club de baloncesto feminino fundado en Vigo no verán de 1997 por José Manuel Gómez Carballo. Accedeu directamente á Liga de División de Honra e antes de principiar a tempada 1997-1998 fusionouse co Club Baloncesto Vigo, que viñera participando na máxima categoría nos anos anteriores, e renunciou dese xeito á súa praza. Na tempada 1998-1999 acordou co Real Club Celta de Vigo levar o seu nome, pero mantendo a personalidade do club. Con esta denominación proclamouse campión da Liga nas edicións de 1998-1999 e 1999-2000 e da Copa da Raíña na 2000-2001. Participou na Liga Europea da campaña 1999-2000.