Cómaro
Cómaro
[PUBLIC]
Revista en galego que apareceu en Muimenta, Cospeito, o 17 de maio de 1984. Subtitulada “Voceiro da Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño”, dedicábase a informar sobre os asuntos da comarca. Comentaba as actividades do centro, acollía páxinas de humor gráfico e remataba as edicións con pasatempos. En maio de 1986 editou un monográfico sobre Aquilino Iglesias e unha pequena escolma con seis dos seus poemas. Neste número colaboraron X. Lois Vilar, Francisco Fernández del Riego ou Manolo Regal Ledo, entre outros.