Comba de Córdoba,
Comba de Córdoba,
santa (Córdoba? - 17.9.853) Abadesa do mosteiro cordobés de Tábanos. Co entronizamento de Mohamed I reanudouse a persecución contra os cristiáns, iniciada tres anos antes polo seu pai Abderramán II, e os mouros atacaron o mosteiro tabanense no ano 853; a santa Comba, ao non se querer converter á súa relixión, decapitárona e guindárona ao Guadalquivir. Non obstante , ao sexto día saíu milagrosamente do río e os cristiáns mozárabes recollérona e sepultárona na igrexa de Santa Eulalia. Na arte iconográfica leva a palma do martirio e, como atributo persoal, unha pomba (símbolo do seu nome); ás veces, pode aparecer representada con hábitos monacais. A súa festividade celébrase o 31 de decembro e o 12 ou o 25 de agosto.