cómico -ca

cómico -ca

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á comedia.

    Ex: Contrataron un actor cómico para facer o papel.

  2. adx

    Que causa risa.

    Ex: A película ten varias escenas cómicas.

  3. s

    Actor que representa comedias e outras pezas de teatro.

    Sinónimos: farsante.
  4. s

    Persoa que ten por profesión facer rir ao público.

    Sinónimos: humorista.
  5. s

    Persoa que escribe comedias, especialmente cando se fai referencia aos clásicos da Antigüidade.

Palabras veciñas

comicidade | 1 comicio | 2 comicio | cómico -ca | Cómicos | comida | comido -da