comisaría

comisaría

(< comisario)

  1. s f

    Cargo de comisario.

    Ex: Pasou en poucos anos de patrullar na rúa a exercer a comisaría.

    Sinónimos: comisariado.
  2. s f

    Oficina permanente de policía dirixida por un comisario.

    Ex: Detiveron os atracadores e leváronos a comisaría.

  3. s f [XEOG]

    Circunscrición administrativa de primeira orde de Colombia, equivalente a un departamento nas rexións pouco poboadas.