Comisión Económica para África
Comisión Económica para África
Nome científico:
[CEA]
Organismo rexional da ONU, fundado en 1958 e con sede en Addis Abeba, que traballa pola modernización do continente africano. Desde a súa creación, contribuíu ao establecemento dunha trintena de institucións técnicas encargadas de favorecer o desenvolvemento socioeconómico de África, en sectores como a tecnoloxía, as finanzas, a planificación e a xestión. Xogou un importante papel na formulación de estratexias económicas desenvolvidas en programas como o Plan de Acción de Lagos ou o Programa de Acción do Cairo.