Comisión Económica para Europa
Comisión Económica para Europa
Nome científico:
[CEE]
Suborganización económica continental do Consello Económico e Social da ONU creada en 1947, con sede en Xenebra. Os seus obxectivos son o fortalecemento das relacións económicas e o estudo dos problemas económicos e tecnolóxicos de Europa. Desde o ano 1990 asumiu, como tarefa primordial, a integración dos estados ex-comunistas de Europa na economía europea e mundial, e a súa transición á economía de mercado.