Compostela

Compostela
[PUBLIC]

Revista que publicou o Ateneo de Galicia en México dende 1962. O propósito desta publicación bilingüe era dar a coñecer a cultura propia de Galicia. Os socios do Ateneo formaban parte da escena política e cultural de México e mantiñan relacións estreitas coa Universidade, ao tempo que desenvolvían programas de carácter informativo a través da Radio Metropolitana e da Radio Universidad.