composto -ta
(
-
p irreg
de compoñer e compor.
-
-
adx
Que está formado por varios elementos.
-
palabra composta
[LING]
Palabra formada por composición.
-
tempo composto
[LING]
Tempo verbal dalgunhas linguas que se compón de dous ou máis elementos, un auxiliar, e o participio do verbo correspondente. O galego non posúe tempos compostos, trazo que o individualiza fronte ás demais linguas románicas. Na Idade Media o galego posuía as perífrases aver/seer + participio que, ao non superar a primeira fase de creación dos tempos compostos, quedaron na significación aspectual sen chegar a orixinar as novas oposicións temporais e, pola contra, desenvolveu un vasto e complexo sistema de perífrases verbais.
-
adx
-
s
m
[QUÍM]
Substancia formada por átomos ou ións de dous ou máis elementos químicos diferentes. Un composto diferénciase dunha mestura porque está constituído nunha proporción definida polos seus elementos, porque estes non se poden separar por medios físicos, e porque posúe propiedades diferentes das dos seus elementos. Os compostos clasifícanse xenericamente en orgánicos ou compostos de carbono e hidróxeno, con outros elementos ou sen eles, e en inorgánicos, que non conteñen carbono (excepto os óxidos de carbono, carbonatos, carburos, etc). Os poucos compostos que non cumpren a lei das proporcións definidas chámanse non estequiométricos ou bertholidos. Tamén recibe a denominación de corpo composto.
-
adx e s
f
[PLANTA]
asterácea.
-
orde composta
[ARQUIT]
orde arquitectónica.