Compostellanum

Compostellanum
[PUBLIC]

Revista que fundou en Santiago de Compostela o cardeal arcebispo Fernando Quiroga Palacios no ano 1956. Esta publicación foi o órgano de expresión do Centro de Estudios Jacobeos e da Universidade Pontificia de Santiago. Estaba dividida en dúas seccións: a primeira de carácter eclesiástico e redactada polos profesores do seminario, e a segunda de tipo histórico. Baixo a dirección de Manuel Rey Martiz editáronse catro números ao ano, dous de cada temática. A partir de 1966 incorporáronse á dirección os profesores Silva Costoya e Barreiro Fernández; este último foi o seu director a partir de 1968. A través desta revista organizáronse tres congresos que cómpre salientar, o Mariano en 1966, o II de Historia Jacobea Internacional en 1965, e o último en 1969.