Comunidade Económica dos Estados de África do Oeste

Comunidade Económica dos Estados de África do Oeste

Organismo económico internacional creado en 1975 en Lagos (Nixeria) e constituído por nove estados francófonos (Burkina Faso, Benin, Costa de Marfil, Guinea, Mali, Mauritania, Níxer, Senegal e Togo), dous de fala portuguesa (Guiné-Bissau e Cabo Verde) e cinco de fala inglesa (Gambia, Ghana, Liberia, Nixeria e Serra Leona). O seu obxectivo é promover o desenvolvemento económico, social e cultural, e actuar como mediador nos conflitos que poidan xurdir nos estados membros.