Comunidade Económica Europea

Comunidade Económica Europea
Nome científico: [CEE]

Organización internacional creada en aplicación do Tratado de Roma, asinado o 25 de marzo de 1957 por Bélxica, Francia, os Países Baixos, a República Federal de Alemaña, Italia e Luxemburgo, que pretendía establecer unha unión aduaneira e un mercado común, elaborar unha política conxunta para a agricultura, para o movemento de man de obra e os transportes, e fundar institucións comúns para o desenvolvemento económico. O Tratado de Roma entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1958 e contemplaba tamén a fundación da EURATOM. En 1973 incorporouse Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido; en 1981, Grecia; e, en 1986, España e Portugal. O 1 de novembro de 1993, coa entrada en vigor do Tratado de Maastricht, a CEE converteuse en Unión Europea (UE), na que se integraron Austria, Suecia e Finlandia en 1995.

Confrontacións

Unión Europea