Comunidade para o Desenvolvemento de África do Sur
Comunidade para o Desenvolvemento de África do Sur
Organización fundada en 1992 que promove a cooperación entre os seus membros co fin de crear un mercado común entre eles. Está formada por Angola, Bostwana, a República Democrática do Congo, Lesotho, Malawi, Illa Mauricio, Moçambique, Namibia, Seychelles, República Sudafricana, Swazilandia, Tanzania, Zambia e Zimbabwe. Os seus órganos de goberno son a Conferencia de xefes de estado ou de goberno, o Consello de ministros e a Secretaría, con sede en Gaborone.