concurso
(
-
s
m
-
Competición entre diversas persoas, obras artísticas ou literarias, traballos, animais, etc, para acadar un premio ou un título.
Ex: Participou nun concurso de poesía e acadou o segundo premio. Nomeárona primeira dama de honor nun concurso de beleza.
-
Xogo, xeralmente organizado por un medio de comunicación, no que se disputa e adxudica un premio ao gañador ou gañadores.
Ex: Gañei un coche no concurso de televisión.
-
-
[DER]
-
s
m
Sistema de selección de persoal propio das administracións públicas que se fundamenta na avaliación dos méritos dos concursantes.
-
s
m
Forma de adxudicación na contratación administrativa consistente en preferir o oferente que, en conxunto, faga a proposición máis vantaxosa sen atender o valor económico da mesma e sen prexuízo da administración a declaralo deserto.
-
concurso de traslado
Procedemento polo que un funcionario público pode pasar a ocupar unha praza noutro lugar. Unha comisión, nomeada a tal efecto, toma a decisión sobre o traslado xulgando os méritos do concursante en base a uns baremos específicos, nos que ten un particular peso a antigüidade.
-
concurso oposición
Sistema de selección de persoal para as administracións públicas que combina a avaliación dos méritos dos concursantes coa celebración de probas de capacidade.
-
concurso poxa
Sistema de adxudicación de contratos administrativos que combina a concreción da mellor oferta económica coa avaliación doutras condicións dos licitadores.
-
s
m
-
s
m
Conxunto de persoas reunidas nun lugar.
Ex: Firmouse naquel lugar venerado un gran concurso de xente chegada de todas partes.
Sinónimos: concorrencia. -
s
m
Reunión de feitos, circunstancias, etc, que contribúen á realización de algo.
Ex: Un concurso de casualidades fixeron que me presentase ó casting.
-
s
m
Acción de contribuír unhas persoas con outras para acadar a consecución dun resultado.
Ex: Fomos quen de rematar a obra no prazo previsto grazas ó concurso de todos.
Sinónimos: colaboración, participación. -
concurso de acredores
[DER]
Procedemento de execución colectiva do patrimonio do debedor insolvente que ten por finalidade a agrupación dos acredores para poder satisfacer os seus dereitos. As condicións deste concurso son: a existencia dunha pluralidade de acredores; o estado de insolvencia do debedor; a condición non comerciante do debedor, pois se fose comerciante aplicaríase o procedemento de execución colectiva de quebra; e a declaración xudicial do concurso, que lle corresponde ao xuíz de primeira instancia, quen non pode declarar o concurso de oficio senón a instancia de parte, sexa esta o debedor ou os acredores.
-
concurso de delitos
[DER]
Figura xurídica que se produce cando un mesmo suxeito realiza varias accións delitivas. Polo tanto, deben aplicarse varias normas penais, posto que coexisten ou coinciden varias infraccións e normas. O concurso é real se existe unha pluralidade de feitos ou se constitúen cada un deles unha falta ou delito; se existe unha unidade de suxeito activo, sexa autor ou partícipe; e se existe a posibilidade de enxuizar unitariamente o suxeito. O concurso ideal formúlase cando cunha soa acción se orixinan varias infraccións da lei penal ou cando se comete un delito como medio para a execución doutro.
-
concurso divino
[RELIX]
Acción concorrente de Deus coa criatura que posibilita a acción intramundana creadora do home.