participación

participación

(

  1. s f

    Acción de participar ou de ter parte en algo.

    Ex: A súa participación no desfalco non puido ser demostrada. Ten participación na empresa de seu pai.

    1. s f

      Parte con que se participa en ou de algo.

      Ex: Explicoulle ao xuíz cal fora a súa participación no atraco. Posúe participacións nunha explotación gandeira.

    2. participación no mercado [ECON]

      Porcentaxe que sobre as vendas totais dun produto fai unha empresa determinada.

    3. participación nos beneficios [ECON]

      Parte dos beneficios que se distribúe a determinadas persoas ou a grupos como os empregados, os directivos ou os socios dunha empresa.

  2. s f
    1. Parte, inferior ao décimo, que se xoga na lotaría.

      Ex: Regalou varias participacións entre os veciños.

    2. Documento en que consta esa participación.

      Ex: Perdeu a participación e non puido cobrar o premio.

  3. s f
    1. Acción de comunicar ou de dar a coñecer algo.

      Ex: Non deu a ninguén participación das súas intencións.

    2. Escrito ou impreso con que se comunica formalmente algo.

      Ex: Aínda non escolleron as participacións para o casamento.

  4. s f [FILOS/RELIX]

    Relación que, nas filosofías antiga e medieval, teñen as cousas sensibles coas ideas, ou os seres creados e finitos co ser absoluto e infinito. Os problemas que presenta levaron á interpretación platónica exemplar (as ideas son modelos das cousas) e tamén a concepcións máis físicas (as ideas son entidades que se reparten, mesmo física e espacialmente, nas cousas). Recollida pola escolástica, foi entendida no sentido entitativo da analoxía: os seres creados están contidos, nas súas perfeccións, no ser, en Deus.

  5. participación no delito [DER]

    Delito que consiste en cooperar máis dunha persoa nun acto criminal.

Palabras veciñas

Partia | particella* | partición | participación | participado -da | participante | participar