partición

partición

(< lat partitĭône)

  1. función de partición [QUÍM/FÍS]

    Función derivada da teoría cuántica, definida segundo a expresión


    FORMULA


    en que gié a multiplicidade, åia enerxía do nivel i, k a constante de Boltzmann e T a temperatura absoluta.

  2. s f

    Acción e efecto de partir ou de dividir algo para repartilo.

    1. s f

      Distribución das partes dunha cousa.

    2. s f [QUÍM/FÍS]

      Fenómeno que consiste na distribución dun soluto entre dúas fases líquidas inmiscibles. No caso ideal, a relación de concentracións do soluto en ambas as fases é, conseguido o equilibrio, unha constante a unha temperatura dada, que se define como K=c 1 /c 2 , e que se denomina coeficiente de partición. Esta constancia cúmprese unicamente para disolucións moi diluídas en fases esencialmente inmiscibles.

    3. partición hereditaria [DER]

      Acción de dividir a herdanza entre as persoas que han de herdala, xa sexa por lei ou por disposición de derradeira vontade. Pode ser amigable, cando son os herdeiros os que de común acordo proceden a partir, ou xudicial, cando non habendo acordo entre os herdeiros é o xuíz quen a practica.

  3. s f [MAT]

    División aritmética.

  4. s f [INFORM]

    Subdivisión que se pode establecer nun disco duro que permite consideralo como se fosen diversos discos independentes, pero conservando unha soa unidade física.

  5. s f [HERÁLD]

    Tipo de división interna que se realiza no campo do escudo con liñas verticais, horizontais, diagonais ou curvas, ou as súas combinacións, e que obedece á necesidade de representar máis dunha liñaxe. As particións poden agruparse en partes iguais, desiguais e en cuarteis.

  6. función de partición [FÍS/MAT]

    Factor de normalización Z que é proporcional á expresión que dá a suma de todos os estados en que se encontran as moléculas dun gas perfecto que obedece á distribución de Boltzmann.

  7. partición dun conxunto [MAT]

    Familia de subconxuntos dun conxunto dado, tal que dous subconxuntos calquera da familia teñan intersección baleira e a reunión de todos os subconxuntos da familia é o conxunto dado. Por exemplo, un criterio de verdade induce unha partición no conxunto das proposicións; o subconxunto das que son certas e o subconxunto das que son non certas.