Confederación Española de Centros de Enseñanza

Confederación Española de Centros de Enseñanza
Nome científico: [CECE]

Asociación patronal fundada en 1977 que representa a maior parte do sector educativo privado de España dos niveis non universitarios. Está integrada por asociacións e federacións que, á súa vez, están constituídas por uns 5.000 centros, a maioría non confesionais, de distintos niveis e modalidades. Conta con federacións e asociacións espalladas por todas as provincias e existe unha representación autonómica das mesmas. Forma docentes e directivos, especialmente a través do Instituto de Técnicas Educativas (ITE), e publica a revista mensual Actualidad Docente (cun suplemento de información europea, Actualidad Europea), ademais de libros e documentos. Tamén integra as seguintes asociacións e federacións sectoriais: Asociación Estatal de Centros de Enseñanzas Musicales (AECAM), Federación de Escuelas de Música y Centros no reglados de Enseñanzas Musicales del Estado Español (FEM), Asociación Nacional de Escuelas de Turismo (ANESTUR), Asociación Nacional de Centros de Peluquería y Estética (ANCEPE), Confederación Española de Centros y Academias Privadas (CECAP) e Organización Mundial de Artes y Técnicas (OMAT).