confiado -da

confiado -da

(< confiar)

  1. p reg

    de confiar ou confiarse.

  2. adx

    Que confía en que as cousas saian como espera.

    Ex: Aínda que tiña medo, durmiu confiado toda a noite. Está confiada en que vai aprobar.

  3. adx

    Inclinado a confiar nos demais.

    Ex: É demasiado confiada, cre todo o que lle contan.

  4. adx

    Que é ou está moi seguro de si mesmo, polo que non é nada prudente.

    Ex: El, sempre tan confiado, nunca pensou que fose unha estafa. O rato foi moi confiado e cazouno o gato.

Palabras veciñas

confeso -sa | confesor -ra | confeti | confiado -da | confianza | confianza | confiar