confianza

confianza

(< confiar)

  1. s f

    Seguridade daquel que conta co carácter, a capacidade, a boa fe, a discreción de alguén ou confía en si mesmo ou nalgunha cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “A moita confianza trae consigo a mala crianza.”

    Ex: Ten moita confianza en Alberte. Mentres non collas confianza non podes conducir o todoterreo. A confianza no éxito é indispensable en calquera empresa.

    Sinónimos: fe. Antónimos: desconfianza.
  2. s f

    Disposición positiva para emprender e tentar conseguir algo.

    Ex: Comezou o novo traballo cheo de confianza.

    Antónimos: desconfianza.
  3. s f
    1. Relación existente entre persoas que se teñen moita amizade, parentesco ou que se tratan dende hai tempo.

      Ex: A amizade comporta confianza, e nós aínda non temos moita.

      Sinónimos: familiaridade.
    2. Familiaridade excesiva entre persoas. OBS: Normalmente, emprégase en plural.

      Ex: Deulle demasiadas confianzas e agora non sabe cómo frealo. Tomou confianza de máis e resulta impertinente.

  4. s f [DER]

    Convenio polo que unha persoa entrega e pon un ben determinado a nome doutra, que queda obrigada a darlle o destino concertado e a devolvelo cando desapareza a causa que motivou a entrega.

  5. cláusula de confianza [DER]

    Estipulación testamentaria mediante a que o testador lle confía a unha terceira persoa a realización de determinados actos que fan posible o cumprimento da súa vontade.

  6. cuestión de confianza [POLÍT]

    Proposta que lle presentan os gobernos ao xefe de Estado ou aos parlamentos para comprobar o grao de confianza que merecen. A súa continuación no cargo depende dun acordo concreto co primeiro ou da votación dos membros do segundo. Formúlase cando o goberno sente a necesidade de contar co máximo apoio posible dos representantes populares a efectos da adopción de medidas políticas especialmente trascendentes.

  7. intervalo de confianza [MAT]

    Dado un parámetro p a estimar, intervalo [p 1 , p 2 ] tal que a probabilidade que o valor verdadeiro de p pertenza a este intervalo é igual a un valor prefixado 1-α. Os valores p 1 e p 2 son os límites de confianza e 1-α é o nivel ou grao de confianza da estimación. A estimación é tanto mellor canto menor é o intervalo de confianza e maior o grao de confianza.

  8. v i

    Estar seguro e tranquilo porque se ten confianza en alguén ou en algo. OBS: Constrúese coa preposición en. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que en si confía, erra cada día.”

    Ex: Confío plenamente na súa palabra. Confía nel, que te levará por bo camiño. Mellor non confíes nos xogos de azar.

  9. v i

    Supoñer que algo vai acontecer como un espera. OBS: Constrúese coa preposición en.

  10. v t
    1. Relación existente entre persoas que se teñen moita amizade, parentesco ou que se tratan dende hai tempo.

      Ex: A amizade comporta confianza, e nós aínda non temos moita.

      Sinónimos: familiaridade.
    2. Familiaridade excesiva entre persoas. OBS: Normalmente, emprégase en plural.

      Ex: Deulle demasiadas confianzas e agora non sabe cómo frealo. Tomou confianza de máis e resulta impertinente.

  11. v t

    Contarlle algo íntimo a unha persoa na que se ten plena confianza.

    Ex: Só lle confío os meus asuntos persoais ó meu mellor amigo.

    Sinónimos: revelar.
  12. v pron

    Ter confianza nun mesmo ou noutra persoa.

    Ex: Confiouse demasiado e suspendeu o exame. Confiouse do rapaz e caeulle polas escaleiras.

Refráns

  • A confianza moitas veces mata o home.
  • A moita confianza trae consigo a mala crianza.
  • A moita manualidade é causa de menosprecio.
  • Cada un para si vale por dous / por dez / por cen
  • Cando vos pedimos, dona vos dicimos; e cando vos temos, chamámosvos como queremos.
  • Chama confiado a porta quen trae unha boa nova.
  • Fianza en Deus que é santo vello.
  • Nin de burlas nin de veras co teu amo partas peras.
  • No tempo e na morte non hai fianza I seguranza.
  • O que en si confía erra cada día.

Palabras veciñas

confesor -ra | confeti | confiado -da | confianza | confianza | confiar | confidencia