confiar
(< lat tardío confidāre, por confidĕre)
-
v i
Estar seguro e tranquilo porque se ten confianza en alguén ou en algo. OBS: Constrúese coa preposición en. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que en si confía, erra cada día.”
Ex: Confío plenamente na súa palabra. Confía nel, que te levará por bo camiño. Mellor non confíes nos xogos de azar.
-
v i
-
Supoñer que algo vai acontecer como un espera. OBS: Constrúese coa preposición en.
Ex: Confío en que virá mañá. Non confiabamos en que resistise a operación.
-
Esperar que algo ou alguén sexa unha axuda para algo ou para o que se necesita. OBS: Constrúese coa preposición en.
Ex: Confío na miña memoria e espero non esquecer o recado. Confío en que me axuden todos os meus irmáns.
-
-
v t
-
Deixar unha cousa ou unha persoa ao coidado de alguén ou de algo.
Ex: Como tiña que marchar, confioulle o rapaz unhas horas. Confiáronlle ao servizo secreto os documentos que trataban da traizón.
Sinónimos: encargar, encomendar. -
Deixar que unha cousa dependa de algo inanimado sen que se trate de intervir nela.
Ex: O camaleón confía a súa defensa á capacidade que ten para cambiar de cor.
-
-
v t
Contarlle algo íntimo a unha persoa na que se ten plena confianza.
Ex: Só lle confío os meus asuntos persoais ó meu mellor amigo.
Sinónimos: revelar. -
v pron
Ter confianza nun mesmo ou noutra persoa.
Ex: Confiouse demasiado e suspendeu o exame. Confiouse do rapaz e caeulle polas escaleiras.
Palabras veciñas
confiado -da | confianza | confianza | confiar | confidencia | confidencial | Confidencial, ElIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confío
confías
confía
confiamos
confiades
confían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confiaba
confiabas
confiaba
confiabamos
confiabades
confiaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confiei
confiaches
confiou
confiamos
confiastes
confiaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confiara
confiaras
confiara
confiaramos
confiarades
confiaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confiarei
confiarás
confiará
confiaremos
confiaredes
confiarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confiaría
confiarías
confiaría
confiariamos
confiariades
confiarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confíe
confíes
confíe
confiemos
confiedes
confíen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confiase
confiases
confiase
confiasemos
confiasedes
confiasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confiar
confiares
confiar
confiarmos
confiardes
confiaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
confía
-
-
confiade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles confiar
confiares
confiar
confiarmos
confiardes
confiaren
confiada
confiados
confiadas