confín

confín

(

  1. s m

    Termo onde un territorio acaba e comeza outro.

    Ex: O confín entre Galicia e Portugal márcao o río Miño.

    Confrontacións: estrema, fronteira.
  2. s m
    1. Límite dunha extensión calquera que alcanza a vista.

      Ex: O Sol métese nos confíns do mar.

    2. Punto máis afastado dun lugar, tanto do seu centro como do punto no que está a persoa que fala. OBS: Xeralmente, emprégase en plural.

      Ex: Cádiz está nos confíns de España. Atopabámonos nos confíns do mundo.