Consello de Administración Fiduciaria

Consello de Administración Fiduciaria

ou Consello de Tutela Órgano da Organización das Nacións Unidas (ONU) encargado da supervisión dos territorios situados baixo o sistema de fideicomiso. Os seus fins son lograr a independencia ou a autonomía nestes territorios. Os seus integrantes foron a Unión Soviética, China, Francia, Reino Unido e EE UU, única potencia administradora. O último territorio en acadar a independencia foi a República de Palau en 1994; dende esa data as súas reunións celébranse cando é necesario.