consumir
(
-
v t
Empregar o que se indica, algunha cousa no seu funcionamento ou algunha persoa nalgunha actividade.
Ex: A calefacción consome bastante gasóleo, pero coa leña gastabamos máis. Pecha a billa cando te barbees para que non se consuma tanta auga. Consumimos dous meses do curso comentando o mesmo texto.
-
v t
-
Inxerir alguén unha certa cantidade de comida ou de bebida.
Ex: Consumimos todas as patacas este ano.
-
Tomar algo nun establecemento de hostalería.
Ex: Tardaban en atendernos e marchamos sen consumir nada. OBS: Nalgúns contextos omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Se non consomes, tes que pagar entrada.
-
-
v t
Facer máis reducido o volume dun corpo ou dunha substancia.
Ex: O lume consumiu a auga do caldo.
-
v t
-
Facer que alguén se debilite ou adelgace.
Ex: O traballo de tantas horas ó sol consumiuno.
-
Facer que alguén perda o seu vigor anímico quedando nunha situación de desacougo ou ansiedade.
Ex: A soidade consumiuna desde que non están os fillos. Daquela consumíanme as ganas de regresar da emigración.
Sinónimos: comer.
-
-
v pron
Reducirse o volume dun corpo ou dunha substancia.
Ex: A madeira que tiñamos para as brasas consumiuse de seguida. Deixamos a cazola ó lume e consumiuse a auga. O alcohol consómese se non pechas o bote.
-
v pron
-
Poñerse alguén moi delgado e débil.
Ex: Levaba un par de anos sen vela e desde entón consumiuse e case non a recoñezo.
Sinónimos: minguar. -
Experimentar unha perda de vigor anímico quedando nunha situación de desacougo ou ansiedade.
Ex: Se non lles dis o que lles trouxeches consómense.
-
Palabras veciñas
consumido -da | consumidor -ra | Consumidores | consumir | consumismo | consumista | consumoIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles consumo
consomes
consome
consumimos
consumides
consomen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles consumía
consumías
consumía
consumiamos
consumiades
consumían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles consumín
consumiches
consumiu
consumimos
consumistes
consumiron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles consumira
consumiras
consumira
consumiramos
consumirades
consumiran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles consumirei
consumirás
consumirá
consumiremos
consumiredes
consumirán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles consumiría
consumirías
consumiría
consumiriamos
consumiriades
consumirían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles consuma
consumas
consuma
consumamos
consumades
consuman
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles consumise
consumises
consumise
consumisemos
consumisedes
consumisen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles consumir
consumires
consumir
consumirmos
consumirdes
consumiren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
consume
-
-
consumide
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles consumir
consumires
consumir
consumirmos
consumirdes
consumiren
consumida
consumidos
consumidas