consumo
(< consumir)
-
s
m
Acción e efecto de consumir ou consumirse.
Sinónimos: consumición. -
-
s
m
[ECON]
Apropiación final dos bens ou servicios para uso ou propiedade do público. Distínguense dous niveis: o microeconómico e o macroeconómico. No primeiro faise referencia ao xeito de distribuír o consumidor a súa renda entre diferentes bens e no segundo relaciónase o gasto total dunha comunidade en bens de consumo coa renda da colectividade. John Maynard Keynes elaborou unha función macroeconómica que denominou propensión ao consumo. Trátase dunha función estática que relaciona a renda nacional cunha variable independente e o gasto global en bens de consumo cunha variable dependente. A construción desta función baséase no que Keynes chamou lei psicolóxica fundamental: todo incremento da renda comporta un incremento no consumo; pero nunha proporción menor ca a do incremento da renda. Os elementos que gobernan o gasto en consumo son a contía da renda e unha serie de factores que non poden afectar á estabilidade desta función de consumo. Así, cunha certa renda dispoñible para adquirir bens de consumo e cos prezos destes bens, o consumidor distribuirá aquela renda de xeito que obteña a maior satisfacción posible en adquirir os bens. Cómpre ter en conta os prezos de todos os bens de consumo, a renda dispoñible para o consumo, a riqueza do individuo ou da economía doméstica e os seus gustos. Nunha economía capitalista aténdese fundamentalmente ao consumo privado, mentres que nos países socialistas se resalta a importancia do consumo social.
-
imposto de consumo /
[DER/HIST]
Tributo creado en España pola reforma financeira de Alejandro Mon-Santillán (1845). Reuniu os diferentes impostos indirectos que gravaban o consumo de artigos de primeira necesidade e comestibles. O seu valor aumentaba nos lugares máis poboados. A súa maior parte percibiuno o goberno mediante outros condutos, feito que provocou revoltas populares, como o Motín dos Consumos de 1856. Intentouse abolir varias veces, desapareceu entre 1868 e 1870, e foi repetidamente modificado. Subsistiu ata 1940, ano no que a reforma de José Larraz o incluíu na Contribución de Usos y Consumos.
-
s
m
[ECON]
-
s
m
[FÍS]
Cantidade de enerxía en forma de combustible, corrente eléctrica ou outra fonte, que se lle debe subministrar a un motor para garantir o seu funcionamento durante un tempo determinado e, no caso dun vehículo, para un espazo concreto.