contorno

contorno

(< ital contorno < lat v*contornāre ‘circundar’)

  1. s m
    1. Liña que limita exteriormente unha superficie ou un corpo.

      Ex: O contorno dos debuxos do cadro estaba pouco definido.

      Sinónimos: perímetro. Confrontacións: periferia.
    2. Liña imaxinaria que rodea un corpo cunha medida equivalente ao seu grosor.

      Ex: O contorno da súa cintura parece moi reducido.

      Sinónimos: perfil, silueta.
    3. Medida desta liña.

      Ex: O contorno das súas cadeiras é de 120 cm.

  2. s m

    Territorio que rodea un lugar ou unha poboación.

    Ex: Non hai mozo máis fachendoso en todo o contorno. Os contornos da cidade están moi mal coidados.

    Sinónimos: redonda, volta, contorna.
  3. s m [MAT]

    Curva pechada na que se determinou un sentido de percorrido.

Palabras veciñas

contorna | contornado -da | contornar | contorno | contorsión | contorsionar | contorsionismo