convulsión
(
-
s
f
[PAT]
Contracción violenta, involuntaria e patolóxica dos músculos esqueléticos, que determina movementos irregulares localizados nun ou en distintos grupos musculares, ou ben xeneralizados por todo o corpo. Denomínase convulsión tónica cando a contracción é continuada e produce unha paralización da zona afectada, e convulsión clónica cando alterna as contraccións de grupos musculares, a miúdo antagonistas, e produce movementos desordenados. Algunhas convulsións reciben o nome da enfermidade que as produce, como as epilépticas, as histéricas ou as tetánicas.
Sinónimos: espasmo. -
s
f
Alteración violenta da orde establecida nunha sociedade.
Ex: Era unha época de fortes convulsións políticas e sociais.
Confrontacións: revolución. -
s
f
[XEOL]
Sacudida da terra ou do mar por mor dun fenómeno sísmico.
Ex: O terremoto provocou fortes convulsións que arrasaron a cidade.