conxelado -da
conxelado -da
(< conxelar)
-
p reg
de conxelar ou conxelarse.
-
adx
Que está excesivamente frío.
Ex: Anuncian ventos conxelados do nordés. Cando cheguei de brincar coa neve tiña os pés conxelados.
-
adx e s
m
[ALIM]
Aplícase ao produto alimentario sometido ao proceso de conxelación.
Ex: Na tenda de conxelados xa non quedaba pescada rosada.