conxelador -ra

conxelador -ra

(< conxelar)

  1. adx

    Que conxela ou serve para conxelar.

    Ex: Merquei unhas bolsas conxeladoras para levar na neveira da praia.

  2. s m [TECNOL]

    Frigorífico ou parte do frigorífico empregado para conxelar.

    Ex: Meteu as bebidas no conxelador para que arrefriasen.

  3. s m [MAR]

    Embarcación pesqueira destinada total ou parcialmente á conxelación e conservación das capturas que realiza ou doutras embarcacións ás que acompaña.

    Ex: Traballa de contramestre nun conxelador.

Palabras veciñas

conxelable | conxelación | conxelado -da | conxelador -ra | conxelar | conxénere | conxenial