conxelar

conxelar

(< lat congelāre)

  1. v t

    Facer pasar un corpo do estado líquido ao estado sólido por medio do frío.

    Ex: As altas temperaturas conxelaron a auga da chuvia.

  2. v t

    Someter un produto alimentario á operación de conxelación para que se conserve.

    Ex: Conxela no frigorífico as pescadas que trouxo teu pai do mar.

  3. v t

    Manter inmodificables, de xeito provisorio, os salarios, os créditos, os prezos, etc.

    Ex: O goberno conxelou novamente os soldos dos funcionarios.

  4. v t

    Suspender temporalmente un proxecto, proceso ou actividade.

    Ex: A doenza do meu pai conxelou os nosos plans de viaxar a América.

  5. v t

    Inmobilizar un plano ou unha imaxe no cine ou na televisión.

    Ex: Conxelou a secuencia do homicidio.

  6. v pron

    Facerse sólido un líquido pola acción do frío.

    Ex: As bebidas conxeláronse moi rápido pola potencia da neveira.

  7. v pron

    Pórse coma o xeo por mor do frío.

    Ex: De tanto frío que pasei conxeláronseme as dedas.

  8. v pron

    Sentir moito frío.

    Ex: Pecha esa ventá, que me conxelo.

  9. conxelar a pelota [DEP]

    Nos deportes de conxunto, especialmente no fútbol e no baloncesto, táctica que consiste en controlar e reter o balón sen realizar ningunha xogada de ataque, co obxectivo de gañar tempo e conservar un resultado favorable.

Palabras veciñas

conxelación | conxelado -da | conxelador -ra | conxelar | conxénere | conxenial | conxeniar
Conxugar
VERBO conxelar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conxelo
conxelas
conxela
conxelamos
conxelades
conxelan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conxelaba
conxelabas
conxelaba
conxelabamos
conxelabades
conxelaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conxelei
conxelaches
conxelou
conxelamos
conxelastes
conxelaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conxelara
conxelaras
conxelara
conxelaramos
conxelarades
conxelaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conxelarei
conxelarás
conxelará
conxelaremos
conxelaredes
conxelarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conxelaría
conxelarías
conxelaría
conxelariamos
conxelariades
conxelarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conxele
conxeles
conxele
conxelemos
conxeledes
conxelen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conxelase
conxelases
conxelase
conxelasemos
conxelasedes
conxelasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conxelar
conxelares
conxelar
conxelarmos
conxelardes
conxelaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
conxela
-
-
conxelade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conxelar
conxelares
conxelar
conxelarmos
conxelardes
conxelaren
Xerundio conxelando
Participio conxelado
conxelada
conxelados
conxeladas