Cooperativa Gallega de Consumo
Cooperativa Gallega de Consumo
Nome científico:
[COGALCO]
Cooperativa interterritorial de consumo constituída en Vigo o 24 de xullo de 1971 e encadrada na Unión Nacional de Cooperativas de Consumo. O seu ámbito de actuación estendeuse ás catro provincias galegas. O seu obxectivo foi a adquisición e distribución de artigos de uso e consumo para a subministración dos seus asociados e das súas familias en interese común e sen ánimo de lucro; como función subordinada a esta, asesorou os seus socios en cuestións relacionadas co seu carácter de consumidores. Ademais COGALCO, en igualdade de condicións, preferiu os produtos proporcionados por outras cooperativas, como podía ser a vasca EROSKI, e, dentro destas, as de Galicia. O seu capital social estaba constituído polas contribucións dos seus socios.