Coptos
Coptos
Antiga cidade de Exipto, na ribeira oriental do Nilo, uns 35 km ao NL de Luxor. Documentada desde a época predinástica, posteriormente foi capital do nomós V do Alto Exipto. Foi destruída durante o reinado de Diocleciano (284-305). De escasa importancia política, tivo un papel considerable no ámbito económico como punto de partida das rutas comerciais a Punt, Uadi Hammamat e á rexión aurífera próxima. Era tamén o centro de culto do deus Min, señor do deserto oriental.